top of page

Volta ao IES Pintor Colmeiro o programa da Deputación Mulleres en Acción Violencia Zero

A polifacética actriz Beatriz Serén protagoniza esta edición no centro, con

actividades este venres e a permormance que se celebrará o martes día 1.


Laura Moure/Silleda

A igualdade de xénero será protagonista nos vindeiros días nos dous centros educativos de Secundaria do municipio de Silleda a través de diferentes actividades. Así, volta ao IES Pintor Colmeiro o programa Mulleres en Acción Violencia Zero, promovido pola Deputación de Pontevedra. Este programa acada a súa sétima edición tras un ano complexo pola pandemia, para entender emerxencia feminista e a urxencia cultural e, lonxe de parar, volta con máis forza se cabe, levando nas súas pezas artísticas as problemáticas da situación actual: visibilizando, sensibilizando e implicando.


No centro silledense celebrarase xa este venres un primeiro obradoiro en horario de 10;00 a 14:20. A acción chegará o vindeiro martes día 1, a cargo da polifacética actriz e presentadora Beatriz Serén (Lugo, 1987), diplomada en Arte Dramático e técnica superior en producción audiovisual. A proposta, baixo o título Pel, fará ao alumnado participante ampliar a súa visión, sentimentos, pensamentos…

O programa Violencia Zero chegará este ano a 25 municipios da provincia, concienciando sobre a loita contra o machismo a través de performance, poesía, danza, música teatro ou graffiti.


O luns, sesión no María Inmaculada

Por outra banda, o vindeiro luns 31 ás 12:15 horas celebrarase no Colexio Plurilíngüe María Inmaculada unha sesión informativa sobre Agresións e violencia sexual, impartida por Angélica Mercado Torres, para o alumnado de 4º da ESO.


Esta actividade chega no marco do acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a Fegamp, para conformar unha rede de entidades locais contra a violencia de xénero. Dende o departamento municipal de Igualdade a concelleira Ángela Troitiño agradece ás institucións supramunicipais a realización destas actividades dirixidas ao público máis novo, a fin de concienciar e seguir avanzando na loita contra a violencia de xénero.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page