top of page

Volta a Silleda o Deporcampus Cabreiroá, do 11 ao 15 de xullo próximos

Está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos e celebrarase nas instalacións do campo municipal de Outeiriño


Laura Moure/Silleda

O DeporCampus Cabreiroá volta este verán a Silleda. As actividades organizadas pola Fundación R.C Deportivo da Coruña terán lugar do 11 ao 15 de xullo próximo para os nenos e nenas de 6 a 14 anos. Este mércores tivo lugar no Concello de Silleda a presentación desta nova edición, despois do grande éxito das dúas campañas anteriores. As actividades terán lugar de 09:00 a 14:00 horas. No acto participaron o alcalde, Manuel Cuíña Fernández, alcalde de Silleda, a concelleira de Deportes, Mónica González Conde, Manuel Maceira, coordinador local do DéporCampus Cabreiroá e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

ree

As inscricións están xa abertas e deben realizarse a través da web deporcampus.rcdeportivo.es ata o vindeiro 7 de xullo ás 12:00 horas. Toda a información e inscricións están dispoñibles no enlace http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/silleda-2022/inicio


Para calquera dúbida ou aclaración pódese contarctar directamente ca organización no enderezo deporcampus@rcdeportivo.es

ree

Dende o Concello de Silleda o alcalde e a concelleira agradeceron á Fundación R.C Deportivo que sigan apostando pola localidade para celebrar este campus, que sigue sumando nenos e nenas en cada edición.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page