Volta a Silleda o certame de microrrelatos, ca literatura galega como protagonista
- Laura Moure

- 13 abr 2023
- 2 Min. de lectura
A concellería de Normalización Lingüística abre o vindeiro martes día 18 o prazo para participar, que se extende ata o 12 de maio
Laura Moure/Silleda
A Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Ángela Troitiño, vén de convocar unha nova edición do Concurso de Microrrelatos. O certame, que se vén celebrando xa dende hai 10 anos, está dirixido a todas as persoas maiores de 6 anos que estén empadroadas en Silleda. Ao igual que en anos anteriores establécense dúas categorías: de 6 a 12 anos e de 13 anos en adiante. O lema deste ano é “A literatura galega”, concordando co Día das Letras, que se adica a Francisco Fernández del Riego, fundador da Editorial Galaxia. O xurado valorará a orixinalidade e creatividade dos textos, que deberán de estar escritos íntegramente en galego.

Poderán presentarse en dous formatos: escrito a ordenador (cun máximo de 500 caracteres) ou a man (cun máximo de 100 palabras). Presentaránse en DIN A 4, firmados con pseudónimo e metidos en sobre pechado no que se incluirá aparte datos do autor/a (nome, DNI, teléfono, enderezo…).
Os traballos, acompañados dun anexo que deberán de cubrir as persoas participantes, deben enviarse ao mail info@silleda.gal e de xeito excepcional poderán entregarse tamén no Rexistro muncipal. O prazo ábrese o vindeiro martes día 18 de abril e rematará o vindeiro 12 de maio.
Os gañadores ou gañadoras de cada categoría recibirán como premio vale de 120 euros para gastar no comercio do municipio silleense. Ademais, se pertencen a algún centro educativo do Concello de Silleda entregarase outro vale de 50 euros para mercar libros en galego para o citado centro, en establecementos do municipio. O xurado encargado de elixir os traballos gañadores estará formado por profesionais dos medios de comunicación e a concelleira de Normalización Lingüística.
O fallo darase a coñecer ao longo do mes de maio. “O fomento da creatividade e do uso da lingua galega entre os máis novos seguen a ser os obxectivos desta proposta que retomamos agora e que vén contando nos últimos anos cunha alta participación”, comenta a concelleira. As bases do certame así coma o anexo publicanrase tamén na web municipal www.silleda.gal








Comentarios