top of page

Volta a Semana Cultural de Cira, en Silleda, con distintas propostas do 17 ao 20 de novembro

Contará cas actuacións de Celso Fernández Sanmartín, o ilusionista Mago Rafa, unha sesión de animación infantil e a actuación do Dúo Punto Zero


Laura Moure/Silleda

A parroquia silledense de Cira celebra nos vindeiros días unha nova edición da súa Semana Cultural. O ciclo, que cumpre xa 44 anos, arranca o vindeiro xoves 17 de novembro cunha actuación do recoñecido lalinense Celso Fernández Sanmartín.

Os contos de Celso darán paso o venres día 18 a unha nova aposta pola maxia, da man do Mago Rafa co espectáculo Historias dun ilusionista, tamén ás 20:30 horas no escenario do centro social da localidade.


O sábado será a xornada que terá ao público máis novo como protagonistas. Así, de 17:00 a 19:00 horas celebrarase unha sesión de animación, obradoiros e xogos para os nenos e nenas que rematará cunha merenda para os asistentes.


Para pechar o ciclo cultural, o domingo 20 terá lugan un xantar de confraternidade, amenizado polo Dúo Punto Zero, ás 13:30 horas. Como novidade, haberá servizo de ludoteca para disfrute dos máis pequenos.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

As persoas que desexen asistir ao xantar, cun prezo de 27 euros (10 euros para nenos e nenas de 6 a 10 anos), poden retirar as entradas na taberna de Maruja González. O menú estará composto por empanada, polbo, churrasco, viño, postre, café e chupito.


A cita está organizada pola Comisión de Festexos de Cira e a Concellería de Cultura do Concello de Silleda. A Semana Cultural de Cira foi pioneira no rural de Silleda e a día de hoxe esta iniciativa é a máis veterana do municipio, con máis de catro décadas de traxectoria, e a única que se conserva como tal.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page