Vila de Cruces repartirá 1.500 euros en premios no seu desfile de Entroido
- Laura Moure

- 13 feb 2022
- 1 Min. de lectura
Este será o 1 de marzo e haberá diversas categorías
Laura Moure/Vila de Cruces
O Entroido volverá encher maxia e cor as rúas de Vila de Cruces. O alcalde, Luis Taboada, mantivo unha reunión co tenente alcalde e concelleiro de Cultura, Julio López, e a concelleira de Facenda, Mireya Otero, para organizar a celebración destas datas, que xa comezan achegarse e a situación sanitaria desta volta permitirá a súa celebración. López adianta que si haberá desfile de Entroido con premios para os gañadores.

“Contaremos coa animación da charanga Castro Bello durante o desfile”, explica o tenente de alcalde, que anima a todos os amantes do Entroido a que retomen esta gran tradición e se sumen o festexo. O desfile celebrarase o martes 1 de marzo e comezara ás 17:30 horas polas rúas do municipio ata acabar na Praza Juan Carlos I. Tal e como explican desde o Concello, a xente que queira optar aos premios poderá inscribirse o mesmo día do desfile, aínda que por motivos de organización agradecese que non esperaren ao ultimo día para facelo. As inscricións poden facerse no concello ou a través dos teléfonos 986 582 017 ou no 687 228 590.
Os premios repartiranse da seguinte maneira:
Categoría CARROZA
Primeiro Premio................ 270,00 euros.
Segundo Premio................ 150,00 euros.
Terceiro Premio................ 95,00 euros.
Categoría GRUPO SENIOR
Primeiro Premio................ 170,00 euros.
Segundo Premio................ 125,00 euros.
Terceiro Premio................ 85,00 euros.
Categoría de GRUPOS INFANTIL
Primeiro Premio................ 135,00 euros.
Segundo Premio................ 95,00 euros.
Terceiro Premio................ 65,00 euros.
Categoría de PARELLA INFANTIL
Primeiro Premio................ 50,00 euros.
Segundo Premio................ 40,00 euros.
Terceiro Premio................ 30,00 euros.
Categoría de INDIVIDUAL SENIOR
Primeiro Premio................ 40,00 euros.
Segundo Premio................ 30,00 euros.
Terceiro Premio................ 25,00 euros.
Categoría de INDIVIDUAL INFANTIL
Primeiro Premio................ 40,00 euros.
Segundo Premio................ 30,00 euros.
Terceiro Premio................ 25,00 euros.







Comentarios