top of page

Vila de Cruces organiza o domingo unha observación para coñecer de preto o Sol cun telescopio solar

Estará dirixida polo astrónomo Eduardo Ojero e os monitores starlight Begoña Estévez e Antón Pazos, de proxecto Corvus Maris de divulgación astronómica


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces organizará o vindeiro domingo, 19 de xullo, unha observación do Sol cun telescopio solar e outros instrumentos na Praza do Concello de 11:30 a 13:30 horas. A actividade, gratuíta e dirixida a todas as idades, estará impartida polo astrónomo valisoletano Eduardo Ojero, afincado en Piloño, e os monitores starlight Begoña Estévez e Antón Pazos, do proxecto Corvus Maris de divulgación astronómica.


A sesión ten como obxecto observar e coñecer o Sol a través do telescopio solar Acuter. Os participantes poderán mirar ao Sol cun filtro nunha lonxitude de onda (cor) que é predominante na parte externa do Sol, chamada HAlfa. O resultado do visionado é unha imaxe da superficie solar con todos os seus detalles, manchas e protuberancias. “Es una imagen preciosa del Sol, de colar naranja y rosado”, explica Ojero.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O telescopio solar terá acoplada unha cámara no ocular que permitirá proxectar a imaxe nunha pantalla led pata que todos os asistentes poidan ver o Sol comodamente. Ademais deste telescopio solar, Corvus Maris traerá consigo uns prismáticos solares. Ao mesmo tempo, Ojero utilizará unha caixa estenopeica para observar o Sol a modo de cámara escura.


Finalmente, a actividade pecharase cun recordatorio do gran evento astronómico do 12 de agosto, o eclipse total solar que se poderá ver en Vila de Cruces, cun evento organizado polo Concello de Vila de Cruces, con observación guiada por Ojero desde O Alto da Madanela. Eduardo Ojero lembrará as medidas de protección, as gafas de eclipse, indicadas para observalo, e tamén a posterior observación das Perseidas, tamén o 12 de agosto no antigo campo de fútbol de Piloño a partir da media noite. Máis información destes eventos astronómicos do 12 de agosto en Cruces:

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Eduardo Ojero Pascual (Valladolid, 1954) ten unha extensa carreira como astrónomo, traballou no Observatorio de Calar Alto, en Serra Nevada, e no Centro de Astronomía

Espacial da Agencia Espacial Europea, en Villanueva de la Cañada en Madrid, e actualmente é membro da Sociedade Galega de Astrónomos. Actualmente, xa xubilado, reside na parroquia cruceña de Piloño.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page