Vila de Cruces oferta 26 formacións no Programa de Cursos Parroquiais 2026
- Laura Moure

- hace 8 horas
- 2 Min. de lectura
O obxectivo é promover as relacións interpersoais e a inclusión social entre a veciñanza
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces pon en marcha o Programa de Cursos Parroquiais 2026, unha iniciativa de participación cidadá que se desenvolverá nas parroquiais para promover as relacións interpersoais e a inclusión social entre a veciñanza, co obxecto de “aprender, compartir e medrar xuntos nas parroquias”.

As asociacións activas do Concello (veciñais, culturais, de mulleres...) serán as beneficiarias deste servizo, coa participación dun máximo dunha asociación por parroquia. A proposta inclúe 26 accións formativas diferenciadas en seis bloques temáticos: benestar e saúde (masaxe e relaxación, autoestima, memoria, primeiros auxilios, risoterapia, ximnasia de mantemento e pilates); creatividade e artesanía
(amigurumi, macramé, elaboración de xabóns, resina epoxi, cosmética natural, cestería, pintura con areas, pintura con óleo e arranxos florais, nos que o material xa
está incluído no prezo dos cursos); cultura e ocio (bailes de salón, bailes latinos,
pandeireta e canto e teatro); idiomas (inglés e francés); vida práctica e tradición
(poda e enxertos; e licores e conservas); e novas tecnoloxías (fotografía e manexo de
teléfonos móbiles).
PUBLICIDADE

As actividades desenvolveranse unha vez á semana nos locais sociais das parroquias participantes. Os cursos terán unha duración total de 20 horas cada un, segundo as
recomendacións dos monitores especializados (nunca baixando da hora e media por
sesión), cunha duración aproximada de entre dous e dous meses e medio.
Publicidade
As asociacións interesadas en participar poderán presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello ou a través de instancia xeral na sede electrónica do 15 de abril ao 15 de maio, xuntando a ficha de inscrición, ata esgotar as prazas. Cada asociación, deberá cubrir a ficha indicando tres opcións, por orde de preferencia. A adxudicación realizarase segundo a preferencia indicada e a dispoñibilidade do monitorado. O Concello poñerase en contacto coas asociacións para comunicarlles a resolución das súas solicitudes.








Comentarios