top of page

Vila de Cruces conmemora o Día das Letras Galegas con agasallos ao tecido empresarial do municipio

O Concello fai entrega de bolsas para os comercios e gardamanteis de papel para a hostalería coa imaxe de Florencio Delgado Gurriarán


Laura Moure/Vila de Cruces

Este martes conmemórase o Día das Letras Galegas, data na que se lembra a Florentino Delgado Gurriarán, nado na comarca de Valdeorras en 1903 e coñecido polas súas obras, como Bebedeira, Galicia Infinda ou Cantarenas. Con motivo desta celebración, a concelleira Mireya Otero e o tenente de alcalde de Vila de Cruces, Julio López, estiveron repartindo polos comercios do municipio máis de 1.300 unidades de bolsas reutilizables coa imaxe do escritor e nos establecementos hostaleiros entregaron máis de 500 gardamanteis de papel na que tamén apréciase a imaxe do homenaxeado.

Sendo Vila de Cruces berce de afamados escritores, un ano máis este Concello volve a reivindicar aos escritores galegos e ao mesmo tempo axudan ao comercio local e á hostalería. "Con estes agasallos o goberno busca chegar a todas e cada unha das casas de todos os veciños e que poidan así compartir e dar a coñecer a este escritor como é Florencio Delgado Gurriarán", sinala o equipo de goberno. Julio López, como responsable do departamento de Cultura, agradece a colaboración da Xunta de Galicia na promoción e difusión de todos os grandes escritores que defenderon a nosa lingua, dentro e fóra das nosas fronteiras.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page