Vila de Cruces celebra por todo o alto a súa festa na honra ao Galo de Curral
- Laura Moure
- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Vila de Cruces
Vila de Cruces viviu esta fin de semana a súa festa por excelencia: A Festa Gastronómica do Galo de Curral, que este ano celebrou xa a súa 31ª edición. Foi todo un éxito, destacando o pregón do actor e cómico Carlos Blanco e a actuación de Natalia de Operación Triunfo.

A cita comezou xa o sábado con moita música e onte, domingo, a carpa da Praza do Concello quedou abarrotada de xente. Sen dúbida, Carlos Blanco meteu ao público no peto, que o recibíu con moitos aplausos, risas e que non dubidou en cantar con el máis dunha canción que mecionou ao longo do seu discurso.
Publicidade
A música estivo marcada pola ritmo da televisiva Natalia, que tampouco nunca defrauda. E o que sempre triunfa tamén é a degustación do galo de curral que se puido desfrutar durante a festa. NOS VINDEIROS DÍAS PUBLICAREMOS VÍDEO DA NOSA REPORTAXE DA FESTA.
Comentarios