Laura Moure/ Vila de Cruces
O día de hoxe pasará á historia de Vila de Cruces ao realizarse no consistorio o primeiro bautizo civil, unha acollida civil moi familiar e emotiva, na que o alcalde, Luis Taboada, manifestou a súa alegría e gratitude de que contasen con el para realizar este evento tan importante, no cal Fabián, fillo de José Manuel e Adriana de Cumeiro, pasa a formar parte da gran familia cruceña como un veciño máis de pleno dereito.

"Unha acollida “bautizo” civil moi emotiva na que a madriña Eva leu un breve comunicado onde agradecía aos pais a honra que lle concedían ao escollela como madriña do seu primoxénito, e que sabía o compromiso adquirido a partir do día de hoxe tanto pola súa banda como pola do padriño David".
Taboada pola súa banda centrou o seu discurso na unión familiar e nas responsabilidades que conlevan os fillos tanto para os seus pais como neste caso aos seus padriños e animounos a defender os dereitos dos nenos e a educalos nos valores democráticos de liberdade, igualdade e o respecto.
Comments