O prazo de inscrición será dende o 3 ao 18 dese mes
Laura Moure/Vila de Cruces
O 27 de xullo o Concello de Vila de Cruces celebrará a XXX edición da Xuntanza dos maiores nas Ínsuas de Gres. O prazo de inscrición será dende o 3 ao 18 de xullo en horario de 10:00 a 14:00 horas a través do rexistro do Concello.
"Tamén teredes as autoliquidacións subidas na web do concello para poder descargar; ademais de telas no rexistro do concello", informa o ente local. "Recordade que para poder retirar a entrada deberedes traer o xustificante de pago ademais de entregar a autoliquidación. Non se admitirán inscricións fóra do prazo estipulado", recalca. O número de conta habilitada é a seguinte: ES03 2080 5071 1630 4000 3006. (No concepto hai que indicar Xuntanza de maiores 2023).
Programa
Ás 12:00 horas terá lugar a recepción dos asistentes no lugar de celebración. Un cuarto de hora despois está prevista a actuación de Carlos Manteiga. Ás 13:15 horas oficiarase unha misa e seguindamente, terá lugar o xantar. O menú será a base de empanada, pulpo, carne ao caldeiro, postre, auga, viño, refrescos e café. Sobre ás 16:15 horas homenaxearase ao home e á muller de maior idade e haberá distintos sorteos. Por último, os asistentes desfrutarán de baile.
Os prezos
As persoas de 60 anos ou máis empadronadas en Vila de Cruces: 10 euros.
As persoas a partir de 15 anos: 20 euros.
Nenos de entre 9 e 14 anos: 10 euros.
Nenos de 0 a 8 anos: Gratuíto.
O Concello sinala que en caso de choiva a comida realizarase no pavillón municipal e reitera "que non se venderán entradas fóra das datas sinaladas nin nas Ínsuas".
Comentários