Vila de Cruces celebra hoxe a súa 26 Feira de Nada ldo Galo de Curral cunha degustación gratuíta
- Laura Moure

- hace 3 horas
- 1 Min. de lectura
O alcalde, Luis Taboada, sinala que "Esta feira do noso produto estrela é unha forma de reforzar a nosa identidade e tradición"
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces celebrará hoxe, luns, 22 de decembro, a XXVI Feira de Nadal do Galo de Curral. Terá lugar na Praza Juan Carlos I (Praza do Concello), a partir das 11:00 horas. O alcalde Luis Taboada inaugurará a festa ás 12:00 horas, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera; o xefe territorial de
Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo; e varios concelleiros de Boqueixón e Touro.

Publicidade
Habilitarase unha carpa para acoller a degustación gratuíta do galo, con elaboracións realizadas polos cociñeiros de oito establecementos locais de restauración, e a venda
do animal xa morto para levar para á casa. A xornada contará coa actuación en directo
dos Gaiteiros Vai Nela de Salgueiros, que poñerán o ritmo e a festa durante toda a
xornada.
Publicidade
“Esta feira do galo de curral, o noso produto estrela, é unha forma de reforzar a nosa identidade e tradición. E vai todo nun ambiente de festa, amizade e abrazos”, destaca o
alcalde. Agradece a súa implicación coa feira aos restaurantes e cociñeiros locais
colaboradores na degustación: A de Rafael, O Galicia, Onde Antonio Mouriscade,
Casa San Martín, Casa Don Din, O Refuxio, Álex Iglesias e O Pazo; ademais de aos
criadores do galo de curral, “porque a súa presenza nesta praza é sinal claro do seu
compromiso con esta feira e coa propia vila”.








Comentarios