top of page

Vila de Cruces acollerá a derradeira proba de Concursos Hípicos no Camiño desta tempada

Será do 8 ao 10 de outubro e espérase a chegada duns 100 cabalos e ponis, que se dividirán en diferentes categorías


Laura Moure/Vila de Cruces

O circuíto de concursos de saltos hípicos Concursos Hípicos no Camiño, terá unha derradeira parada en Piloño, no concello de Vila de de Cruces, durante os vindeiros 8, 9 e 10 de outubro.


Esta será a terceira proba de saltos nacionais 2 estrelas, dentro do programa dos Concursos Hípicos no Camiño, despois de ter visitado as vilas de Vedra e Silleda. Durante toda a fin de semana, ademais de cabalos e saltos, Piloño contará con carpas de restauración, stands de tendas especializadas e incluso actuacións musicais e algunha sorpresa máis, que acompañarán á parte deportiva e que permitirá tanto a participantes coma a espectadores, desfrutar dunha gran fin de semana de entretemento.


Espérase a chegada duns 100 cabalos e ponis, que se dividirán en diferentes categorías en función das alturas a saltar. Estas alturas irán dende as barriñas "cruzadas" para os xinetes máis xóvenes, ata o 1,35 metros, que será a proba raíña do concurso, nun Gran Premio que pechará a fin de semana de competición e que se prevé apaixoante, onde todo o mundo agarda un novo cara a cara entre José Luis Milán Dopico e Xabi Blanco, como xa sucedeu en Silleda, no que ambos xinetes ofreceron un grandísimo espectáculo.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page