Venezolanos del Deza organiza o día 11 unha xornada técnica para pensionistas e xubilados retornados
- Laura Moure

- hace 4 horas
- 1 Min. de lectura
Será na sede do colectivo en Lalín en horario de mañá
Laura Moure/Lalín
A Asociación Venezolanos del Deza, no seu compromiso polo benestar dos cidadáns de maior idade na comarca, anuncia a celebración dunha xornada informativa especial en colaboración coa Asociación de Pensionados e Xubilados de Venezuela en Galicia (APEJUVEG). O evento terá lugar o vindeiro sábado, 11 de abril, na sede da asociación situada en Lalín (Rúa Memorias dun Neno Labrego, N° 14, Primeiro).

Esta sesión técnica xorde como resposta á crecente preocupación do colectivo de maiores respecto á situación administrativa das súas prestacións. Durante a xornada, técnicos especializados de APEJUVEG ofrecerán unha charla e orientación personalizada sobre o estado actual das pensións en Venezuela, a tramitación correcta da Fe de Vida e os procedementos para a cobranza de atrasos e actualizacións.
PUBLICIDADE

Seguridade xurídica e dereitos en España
Alén dos trámites consulares, a charla profundará nos dereitos dos xubilados retornados dentro do marco legal español. Trataranse temas de vital importancia como os complementos a mínimos, o acceso universal ao cartón sanitario do Sergas e a resolución de incidencias con entidades bancarias locais derivadas das transferencias internacionais.
"Os nosos maiores traballaron duro a ambos os dous lados do océano e agora merecen tranquilidade e seguridade xurídica", sinalan desde a directiva de Venezolanos del Deza. "Queremos que ninguén na comarca sinta só fronte á burocracia; por iso traemos aos mellores expertos á nosa sede".
Publicidade
A xornada será de 10:30 a 13:30 horas e trátase dun servizo gratuíto para socios e comunidade. (Atenderase por orde de chegada).







Comentarios