top of page

Venezolanos del Deza convoca para hoxe unha misa en Lalín en memoria das vítimas do terremoto

Laura Moure/Lalín

A Asociación Venezolanos del Deza (VeneDeza), membro de FEVEGA, invita á comunidade da comarca de Deza a participar na Santa Misa “Oremos por Venezuela”, que se celebrará este domingo 5 de xullo ás 20:00 horas na Igrexa de Lalín. Esta celebración relixiosa constitúe un xesto de solidariedade e proximidade co pobo venezolano tras o terremoto que afectou ao país.

Durante a eucaristía elevaranse oracións polas vítimas, as súas familias, as persoas feridas, quen perdeu os seus fogares e todos aqueles que sofren as consecuencias desta traxedia.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Desde VeneDeza faise un chamamento á comunidade venezolana residente en Galicia, á comunidade galega e á cidadanía en xeral para unirse a este momento de oración, esperanza e fraternidade. A asociación subliña que, en contextos de dificultade, a solidariedade e o acompañamento espiritual representan unha forma esencial de apoio a quen atravesa situacións de dor e incerteza.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A entidade confía en que esta celebración convértase tamén nun espazo de encontro entre pobos unidos por sólidos lazos de amizade, acollida e cooperación, reafirmando o compromiso da comunidade venezolana cos valores da paz, a fe e a axuda mutua.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

VeneDeza agradece a colaboración da parroquia de Lalín e a asistencia de todas as persoas que desexen acompañar este acto de oración e solidariedade co pobo venezolano.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page