Venezolanos del Deza celebrará a súa Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria o 21 de novembro
Ecos da Comarca/Lalín
A Asociación Venezolanos do Deza - VeneDeza celebrará o vindeiro sábado, 21 de novembro, a súa Asemblea Xeral correspondente ao exercicio 2026, que terá lugar en sesión ordinaria e extraordinaria, coa participación dos seus socios.

A convocatoria, realizada pola Xunta Directiva, ten como finalidade presentar o balance da actividade desenvolvida pola asociación durante o ano, informar sobre a situación económica e abordar novas propostas para continuar impulsando o traballo asociativo e comunitario na comarca.
PUBLICIDADE
Entre os principais asuntos incluídos na orde do día figuran a presentación do informe de actividades e o estado das contas correspondentes ao período de xaneiro a novembro de 2026, así como a exposición de novos proxectos e iniciativas para o período 2026-2027.
Así mesmo, someterase a consideración dos socios unha proposta de modificación dos estatutos e presentarase a nova imaxe corporativa da Asociación, entre outros asuntos de interese para o futuro da entidade.
PUBLICIDADE
A Asemblea celebrarase no Bar Canao, situado na Rúa Memorias dun Neno Labrego, n.º 10, en Lalín, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16.30 horas en segunda convocatoria. Desde a Xunta Directiva destácase a importancia da participación dos socios neste encontro, como espazo de información, diálogo e toma de decisións sobre o presente e o futuro da asociación.









Comentarios