top of page

Veciñanza de Touro denuncia atrasos nas citas ao quedar o centro de saúde cun só médico

A Plataforma en defensa do Centro de Saúde de Touro animan á veciñanza a presentar follas de reclamación e a esixir ao SERGAS o restablecemento completo do servizo médico


Ecos da Comarca/Touro

A Plataforma en defensa do Centro de Saúde de Touro denuncia publicamente a situación asistencial que se está a vivir no municipio tras a xubilación dun dos dous médicos do centro, o que deixa actualmente á veciñanza cun único facultativo para atender a toda a poboación.

Segundo sinalan desde a plataforma, esta falta de persoal está a provocar unha importante sobrecarga de traballo no profesional en activo, así como atrasos nas citas médicas e dificultades para acceder á atención sanitaria. En varios casos, aseguran que só se están a conceder consultas para datas moi afastadas, chegando a ofrecerse cita para mediados de mes como única opción dispoñible.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA


A entidade cualifica a situación de “intolerable”, tanto para o persoal sanitario como para os usuarios e usuarias do centro de saúde, e advirte do deterioro progresivo do servizo público se non se cobre de inmediato a praza vacante.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Desde a Plataforma animan á veciñanza a presentar follas de reclamación no propio centro e a esixir ao SERGAS o restablecemento completo do servizo médico. Segundo a información da que dispoñen, polo momento non está prevista a incorporación dun segundo facultativo ata, como mínimo, o vindeiro 24 de febreiro.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Así mesmo, lembran que o Concello de Touro xa trasladou por escrito ao SERGAS a súa preocupación pola situación e solicitou unha solución urxente para garantir unha atención sanitaria adecuada no municipio. Ademais, o ente local tamén pide melloras nas instalacións polo seu mal estado: humidades, calefacción defectuosa, mal illamento térmico...




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page