top of page

Veciñanza do Vilar (Palas de Rei) asegura estar sen auga a consecuencia das obras da autovía A-54

Tamén fala doutras problemáticas a raíz desta actuación


Ecos da Comarca/Palas de Rei

Veciñanza do Vilar (Palas de Rei) quéixase das obras da autovía A-54. Asegura que leva anos sen auga e tampouco está dacordo cos accesos ao novo tramo da autovía, Palas-Melide, que se abríu ao tráfico o pasado luns, 3 de febreiro.

"As excavacións da mesma cortaron e provocaron a desaparición dos mananciais que abastecían as catro traídas (tres privadas e outra veciñal) ue alimentaban a totalidade dos veciños da aldea , e desde hai máis de 7 anos non se nos deron solucións ao problema. A nosa familia conta cunha explotación gandeira de carne en extensivo dunhas 22 cabezas (número que se reduciu pola falta de recursos hídricos na zona) as cales se viron afectadas de maneira grave na época estival", sinala Diego Costa, vogal da Asociación de Veciños O Rego de Vilar. "Ademais das nosas dúas traídas privadas tamén se viron destruídos os mananciais que alimentaban outra traída privada e unha que abastecía aos 13 núcleos familiares restantes (entre eles un local hostaleiro dunha capacidade máxima 29 persoas )".

Tamén falan doutras problemáticas. "Outras problemáticas derivadas son: a eterioración grave dos accesos directos á aldea pola LU-P-4001 debido ao incremento do tráfico de camións; destrución do asfaltado recente (feito no mes de novembro) debaixo do Viaduto Rego do Vilar;cContaminación de leitos fluviais e destrución da fauna ictícola (Rego do Vilar ); creación de malos accesos á aldea por onde antes eran bos e picadas de rodas polo mal estado dos viais".


Sinalan que dende a Asociación de Veciños Rego do Vilar fixéronlle chegar estas problemáticas aos responsables "e dos cales non se obtiveron solucións". Tamén lle enviaron un escrito á Valedora do Pobo que lle respondeu a semana pasada de que debían trasladarlle estes problemas ao Defensor del Pueblo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Cabe mencionar que en marzo de 2024 o Concello de Palas de Rei informou de que ía remitir ó Ministerio de Fomento unha solicitude para a reparación de varias vías municipais afectadas polas obras da autovía A-54. Neste caso e segundo informaba o alcalde, Pablo Taboada, os danos afectaron ós accesos a varios núcleos de poboación nos lugares de Belouchada, A Ulloa e Andemil, así como, no lugar de San Pedro de Meixide. Tamén se viron afectados outros lugares en Vilar de Remonde, Remonde, O Coto, Vacariza e a Florida. Todas estas vías, presentaban danos importantes como consecuencia da execución da autovía Lugo-Santiago e dende o Concello comunícase ó Ministerio de Fomento para que procedan a execución da reparación das mesmas, no tramo Palas-Melide da Autovía A-54.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así mesmo, o mandatario indicou no se momento que lle comunicaría ó ministerio a problemática dos veciños de Vilar de Remonde e Remonde coa traída de augas veciñal que se atopa sen servizo como consecuencia das obras da autovía. Neste caso, o alcalde, Pablo Taboada, matizara que a traída non é municipal polo que solicitara a Fomento que se atenderan as peticións dos veciños de Vilar de Remonde e Remonde.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page