top of page

Varios concellos das comarcas están presentes na Feira Internacional de Turismo Fitur en Madrid

Laura Moure/Xeral

Varios concellos das comarcas estarán presentes na Feira Internacional de Turismo Fitur en Madrid, que se celebra dende onte ata o domingo, para promover e difundir o atractivo dalgúns dos seus máis destacados recursos turísticos. Concellos como os de Melide, Silleda e Vila de Cruces non se perden esta cita.


Melide

Un destes municipios é o de Melide. Eventos como a Festa do Melindre ou expoñentes patrimoniais, históricos e paisaxísticos como o Camiño de Santiago ao paso pola localidade centrarán a proposta turística que este Concello defenderá neste destacado espazo que reúne institucións e empresas turísticas de todo o mundo.


A Festa do Melindre acadou o pasado 2022 a súa trixésima edición cun éxito total de público e de vendas e un completo programa de actividades que puxo este produto e este

evento no mapa da mellor gastronomía galega. Dende o Concello confían en que a

presenza en Fitur axude a internacionalizar e difundir tanto o produto como a festa local

que se celebra durante a primavera. O turismo gastronómico é unha tendencia en auxe e

unha oportunidade de diferenciación para destinos como o melidao.

Pola súa banda, o Camiño de Santiago tense convertido, sen dúbida, nun dos grandes

polos de atracción de visitantes á Terra de Melide. O Concello busca seguir potenciando a

importancia das dúas rutas que discorren por Melide -Camiño Primitivo e Camiño

Francés-. Neste sentido, salientan as boas cifras da tempada de peregrinacións do ano

2022, o segundo do Xacobeo estendido 21-22. Un total de 16.721 persoas pasaron por

Melide realizando esta ruta entre maio e setembro, das cales máis dun terzo eran

estranxeiras, o que demostra o potencial de internacionalización do turismo que ofrece a

ruta xacobea e que Melide quere promover.


Dentro das actividades de promoción do Camiño en FITUR salienta a participación dunha

delegación melidá encabezada polo alcalde, José Manuel Pérez, e coa presenza do

concelleiro de Promoción Económica, Xosé Igrexas, na presentación dun vídeo sobre o

Camiño de Santiago realizado pola Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés, da

que forma parte o Concello de Melide. Será o xoves 19 de xaneiro no stand de Galicia en

Fitur.


Cómpre lembrar que Melide se asociou en 2021 á rede de Destinos Turísticos Intelixentes

(DTI). Como tal, o Concello promove un modelo de turismo innovador, sobre

infraestruturas tecnolóxicas de vangarda e orientado ao desenvolvemento sostible do

sector na localidade. Seguindo esta filosofía, Melide promove a interacción e integración

das persoas que visitan o municipio, procurando unha alta calidade da experiencia para o

visitante e un retorno que supoña tamén un incremento na calidade de vida da veciñanza.

Esta é a filosofía que guiará, un ano máis, a presenza do Concello de Melide en FITUR.


Silleda

Pola súa banda, o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, participa dende onte nos distintos

actos e presentacións de campañas e certames a celebrar na comarca en vindeiras datas. Así, Cuiña estará presente hoxe na presentación do Geo Destino Deza-Tabeirós, do GDR Terras de Pontevedra Norte ( 13:30 horas); e na presentación do certame Turexpo 2023, (15:30), ámbalas dúas no Stand de Galicia en Fitur.


Ás 17:00 horas o rexedor silledense asistirá ao auditorio Ágora á presentación da campaña Orixe Rías Baixas, da Deputación de Pontevedra, unha ambiciosa campaña na que Silleda é protagonista cun dos traballos audiovisuais que forma parte da mesa. Foi rodado íntegramente no mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, ca participación da compañía Nova Galicia Danza.


O potencial deste enclave turístico e patrimonial silledense queda patente neste destacado traballo que se estreará hoxe na gran feira internacional de Turismo.

Deste xeito Contigo Silleda, insta ao executivo "a tomar unha determinación e evitar que se estea tirando co diñeiro de todos os silledenses cada dous por tres en parvadas que nos custan diñeiro aos veciños e non achegan nada ao municipio".

Vila de Cruces

A empresa de alimentación Culinaria, desprázase o venres a Fitur para presentar as diferentes elaboracións do Galo de Curral que se ofrecerán en degustación ao público, dentro do stand que ocupa o Concello de Vila de Cruces nesta Feira Internacional de Turismo que se celebra no recinto feiral de Madrid dende o ano 1981, e considerada como a segunda feira de turismo máis importante do mundo.


Concretamente, Culinaria pon a disposición dous cociñeiros (Marcelo Torres, responsable de I+D+I da Compañía, e Julio Mato del Río condutor do programa de cociña da TVG A Voltas co Prato) que serán os encargados de mostrar a través dun Show Cooking o Galo de Curral guisado con guarnición ao modo tradicional, recuperando a receita que se utiliza nestas terras dende tempos antigos; e o asado ao forno de forma lenta para potenciar o seu sabor suculento.


Culinaria participa así como empresa cooperante a nivel nacional na difusión é promoción do Galo de Curral, criados ao xeito tradicional no Concello de Vila de Cruces. Recentemente recibiron un galardón como empresa colaboradora por estas dúas elaboracións na Feira do Galo que se celebrou neste Concello de referencia a finais de decembro do 2022. Asemade, a empresa participa coa Asociación de Criadores de Galos de Curral de Vila de Cruces na promoción deste produto autenticamente galego, criados sen castrar e en liberdade e alimentados con produtos de tempada e cultivo orgánico que evita a graxa do polo industrial.


Para garantir o éxito da degustación que se ofrecerá en Fitur, os dous cociñeiros traballarán para conseguir varios resultados ao padal coas súas preparacións

tradicionais de forma lenta que libera parte da graxa que se foi acumulando entre os

diversos músculos durante os meses de crianza, e que é un dos factores principais da primeira sensación dun sabor especial que se sinte ao mastigar. Entre os seus obxectivos está que o galo resulte mais tenro, e que non se desfaga durante a preparación.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page