top of page

Uns 30 comercios participarán no Mercamelide de Inverno do 21 e 22 de febreiro

Haberá animación infantil

Laura Moure/Melide

O Mercamelide de Inverno regresa na fin de semana do 21 e 22 de febreiro e faino con forza, tal e como sinalan dende o Concello. Nesta nova edición, o gran evento de promoción comercial do inverno melidao duplica o número de comercios, con case 30 participantes. O horario da cita será de 11 a 20 horas.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Este venres, a iniciativa foi presentada polo alcalde de Melide, José Manuel Pérez, polo concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, e por membros do comercio da localidade.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

O Pazo de Congresos acollerá un ano máis un grande espazo de compra durante toda a fin de semana, para que a veciñanza e visitantes poidan adquirir produtos de primeira calidade, procedentes do comercio local e a prezos moi competitivos.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Novidade

Nesta edición haberá animación infantil a partir dos 4 anos de idade. Con este servizo, que se estenderá de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16 a 20:00 horas en horario de tarde, as familias poderán efectuar as súas compras con maior comodidade. A actividade realízase en colaboración coa Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem).

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page