top of page

Uns 10.400 kg de 'Tradescantia fluminensis' retirados da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza por Amabul

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Durante os seis meses no que se levou a cabo este programa ambiental participaron tamén nove centros educativos como o IES de Arzúa


Laura Moure/Deza/Arzúa

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, puxo este martes en valor a colaboración da asociación ambiental Amabul en tarefas de concienciación e erradicación da flora exótica invasora. Durante o encontro que mantivo onte cun grupo de voluntarios e directivos desta asociación en Vedra, a directora xeral incidiu en que as tarefas de retirada levadas a cabo por Amabul permitiron a retirada, desde o ano 2020, de preto de 10.400 quilogramos de Tradescantia fluminensis da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

Preme na imaxe se queres obter máis información deste evento.

A maiores, Do Campo subliñou o compromiso desta entidade coa concienciación da sociedade ante a problemática da flora exótica invasora. De feito, máis de 2.200 escolares de nove centros educativos das catro provincias participaron en actividades de divulgación ambiental sobre esta cuestión co obxectivo de promover entre o alumnado de educación infantil, primaria e secundaria a necesidade de erradicar estas especies dos espazos naturais galegos para protexer a nosa biodiversidade.


Este programa de divulgación, que continuará en vindeiros anos, incluíu 25 obradoiros ambientais, a exposición itinerante Unha ameaza chegada dun espazo exterior, o reparto da unidade didáctica A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos, e a difusión de contidos a través de carteis, unha páxina web e as redes sociais da asociación.

Durante os seis meses no que se levou a cabo este programa ambiental participaron nas devanditas actividades o CEIP Cardeal Quiroga Palacios (Santiago de Compostela), o IES de Arzúa, o CEIP Plurilingüe Lagostelle (Guitiriz), o CEIP Manuel Mato Vizoso (Vilalba), o CEIP Virxe do Camiño (Rubiá), o CEIP Valle-Inclán (Muíños), o CEIP P. Froebel (Pontevedra), o CEIP Plurilingüe de Conmeniño (O Grove) e o IES Ramón Cabanillas (Cambados).





0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page