Unhas 200 hectáreas arrasadas por un incendio en Rodeiro
- ecosdacomarca

- 16 jul 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro

Este xoves orixinouse un incendio no municipio de Rodeiro, que todo apunta a que foi causado por un raio, e que continuaba activo onte, venres. Segundo os últimos datos da Consellería de Medio Rural estaba activo dende ás 20:56 horas do xoves.
Concretamente, o lume afecta á parroquia de Guillar, e a última hora da tarde de onte rondaba as 200 hectáreas afectadas. Segundo a última información, traballaron nel 2 técnicos, 5 axentes, 18 brigadas, 10 motobombas, 3 pas e 2 helicópteros.
ACTUALIZACIÓN: SÁBADO ÁS 11:30 HORAS
Tal e como informou esta mañá, Medio Rural, este lume quedou controlado ás 2:42 horas desta madrugada. Segundo as últimas estimacións provisionais, rolda as 200 hectáreas provisionais. Ata o momento levan traballado nel 2 técnicos, 9 axentes, 25 brigadas, 16 motobombas, 3 pas e 2 helicópteros.







Comentarios