Unha saída de vía sáldase con catro persoas feridas en O Pino
- ecosdacomarca

- hace 2 días
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/O Pino
Uns minutos antes das 14:00 horas deste mediodía, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 daba conta do accidente ao 112 Galicia. Así mesmo, un particular comunicaba que se trataba dunha saída de vía dunha furgoneta con cinco ocupantes na N-634, quilómetro 703, no concello do Pino. Todos eles feridos, pero totalmente accesibles e liberados.

A partir de aí, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Arzúa e de Santiago.
PUBLICIDADE
Finalmente, os axentes de Tráfico relataron que foran catro as persoas feridas de diversa consideración, estando unha delas ferida de maior consideración que os profesionais sanitarios estaban estabilizando.
PUBLICIDADE
Ata o lugar, tras ser informados polo 112 Galicia tamén acudiu o persoal de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.
PUBLICIDADE
Os Bombeiros de Arzúa sinalaron a este medio que finalmente, non tiveron que desprazarse ao lugar ao non haber atrapados.









Comentarios