Unha saída de vía no Pino sáldase sen feridos
- ecosdacomarca

- 13 jun 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/O Pino
Este venres rexistrouse un accidente no Pino. No mesmo viuse implicado un único vehículo e saldouse sen feridos.

Os Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa foron mobilizados ás 9:47 horas. Tal e como informan os Bombeiros, tratouse dunha saída de vía dunha furgoneta e só houbo danos materiais.
Publicidade
"Foi na saída 77 da A-54, no enlace que vai ao empalme de Santa Irene, na parroquia de San Miguel de Cerceda", indican os Bombeiros. Os bombeiros tiveron que limpar unha mancha de terra duns 100 metros.







Comentarios