top of page

Unha saída de vía en Arzúa sáldase cunha persoa ferida

Ecos da Comarca/Arzúa

Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía, sobre as 9:30 horas desta mañá, na N-547 ao seu paso pola parroquia de A Castañeda, en Arzúa. A pesares de requirir atención sanitaria, non precisou ser excarcerada e foi quen de abandonar o vehículo polos seus propios medios. A consecuencia do impacto, esparexeuse unha mancha de aceite sobre a vía que precisou da actuación dos equipos de limpeza.


Un particular que se atopaba no lugar do accidente informou ao 112 Galicia dun vehículo atravesado na vía, e da posibilidade de que houbese persoas feridas no seu interior. Polo aspecto que presentaba o turismo tralo sinistro, era probable que tivera dado varias voltas de campá antes de deterse. Outro particular comunicou que había unha persoa ferida, pero que puidera abandonar o vehículo.

Foto arquivo.

O 112 procedeu a dar aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arzúa, á Guardia Civil de Tráfico, á Policía Local, a Protección Civil de Arzúa e aos servizos de mantemento da estrada.

Foron os efectivos da Guardia Civil de Tráfico que se desprazaron ata o lugar os que, tras valorar a situación, solicitaron aos servizos de mantemento da estrada a súa colaboración para despexar a vía e restablecer a circulación no menor tempo posible.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page