Unha saída de vía en Arzúa provoca un incendio no vehículo que afectou tamén ao monte do arredor
- ecosdacomarca

- 28 ago 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
Este sábado pola tarde rexistrouse un accidente no municipio de Arzúa. O suceso ocorreu ás sete da tarde na estrada CP-0603.

Tratouse dunha saída de vía. Tal e como informa o 112 Galicia foi un dos implicados o que contactou co 112. Segundo o 112 había dúas persoas feridas, pero non estaban atrapadas e xa se atopaban fóra do coche.
Pero como consecuencia do accidente, o vehículo comezou a arder e tamén afectou á superficie de monte do arredor.
O 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico, a Urxencias Sanitarias, a Protección Civil e tamén se informou ao distrito forestal da zona. Despois segundo os útimos datos que manexaba o 112, trasladouse unha cuadrilla e unha motobomba para apagar o lume que afectou á superficie do arredor.







Comentarios