Unha saída de vía en Vila de Cruces sáldase cunha persoa ferida
- ecosdacomarca
- 13 ene 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Esta tarde rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Vila de Cruces que se saldou cunha persoa ferida. O suceso ocorreu ás catro da tarde.

Tal e como informa Protección Civil de Vila de Cruces tratouse dunha saída de vía na estrada PO-960 á altura do quilómetro 22,5 na parroquia de Piloño.
"Resultou ferida a acompañante da condutora que levou un forte golpe no peito producido polo cinto de seguridade. Trasladouna o 061 ao hospital", informa Protección Civil.
Ademais de Protección Civil e de Urxencias Sanitarias, ata o lugar tamén se desprazou a Garda Civil de Tráfico.
Comentarios