Unha persoa resultou ferida logo de sufrir un accidente cun camión que transportaba porcos na Merca
- ecosdacomarca
- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O 112 Galicia tivo constancia a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pouco antes das 5:30 horas: un camión de transporte de porcos acabou caendo marcha atrás por un terraplén cando o estaban a cargar nunha granxa da Merca. O camioneiro puido saír do vehículo polos seus propios medios.

Publicidade
Finalmente, a persoa foi evacuada ao hospital tras sufrir un golpe na cabeza, mentres que varios dos animais morreron e outros resultaron feridos no accidente.
Publicidade
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Terras de Celanova e os axentes da Garda Civil e da Garda Civil de Tráfico.
Comentarios