top of page

Unha persoa resulta ferida tras envorcar o seu coche en Touro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Touro

Unha persoa resultou ferida onte nun accidente no municipio de Touro. Foi un particular que se atopaba na zona informaba ao 112 Galicia, pasadas as 19:00 horas da tarde de onte, dun turismo que envorcara no quilómetro 10 da AC-960, ao seu paso pola parroquia de San Miguel de Vilar, en Touro.


Os primeiros indicios apuntaban a que a única persoa que viaxaba no turismo estaba atrapada. Ademais, non respondía ás chamadas do particular que se achegou para prestar auxilio, tal e como informa o 112 Galicia.

Foi entón cando o 112 coordinou aos diferentes servizos de emerxencias. Acudiron ao punto, ademais do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, efectivos dos Bombeiros de Arzúa e axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén se informou a Protección Civil de Touro.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Cando os Bombeiros chegaron, o persoal sanitario xa lograra retirar á persoa ferida do coche, que foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. Pola súa banda, os servizos de mantemento da estrada non tiveron que intervir ao atoparse o vehículo a un lado da vía.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page