Unha persoa resulta ferida nunha colisión entre dous coches en Manduas, Silleda
Ecos da Comarca/Silleda
Este mércores produciuse un accidente de tráfico no municipio de Silleda no que se viron implicados dous vehículos e saldouse cunha persoa ferida.

PUBLICIDADE
Sobre as 14:30 horas Urxencias Sanitairas contactaba co 112 Galicia para avisar dunha colisión entre dous cohes na rúa Esmorga, en Manduas, Silleda.
PUBLICIDADE
Unha persoa resultou ferida e tivo que ser atendida por Urxencias Sanitarias. Ademais da ambulancia ata o lugar desprazáronse a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Silleda.









Comentarios