Unha persoa resulta ferida leve tras saírse da vía co seu vehículo en Alfonselle, Lalín
Ecos da Comarca/Lalín
Unha persoa resultou ferida leve este sábado tras sufrir unha saída de vía coa súa furgoneta na estrada PO-533, ao seu paso polo lugar de Alfonselle, en Lalín. O 112 Galicia foi alertado ás 18:20 horas.

PUBLICIDADE
Tal e como informa Emerxencias Lalín o suceso ocorreu á altura do punto quilométrico 1,5 desta vía. A persoa ferida foi atendida no lugar e posteriormente trasladada polo 061 ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Lalín.
PUBLICIDADE
Ata o lugar ademais de Emerxencias Lalín e dunha ambulancia do 061 tamén se desprazaron os Bombeiros de Deza e a Garda Civil de Tráfico.









Comentarios