top of page

Unha persoa precisa asistencia médica tras un accidente no municipio de Touro

Ecos da Comarca/Touro

Esta tarde rexistrouse un accidente no municipio de Touro que se saldou ao menos cunha persoa ferida.


O 112 Galicia foi alertado ás 18:56 horas. "Indicáronos que había un vehículo que se saíu da vía e que estaba na cuneta e que unha das persoas que viaxaba nel precisaba asistencia médica", sinala o 112 Galicia.

Foto de arquivo.

O suceso, segundo o 112 Galicia, tivo lugar en Cornado "no cruce que vai de Fao a Calvos". De momento, (ás 19:30 horas) o 112 Galicia non manexaba máis datos e tamén descoñecía se podía haber outro coche implicado.

Con esta información avisou a Urxencias Sanitairas, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil da localidade.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page