top of page

Unha persoa perde a vida tras caer o vehículo que conducía ao río Tambre, en Santiago

Ecos da Comarca/Xeral

O condutor dun vehículo faleceu hoxe, sábado, tras caer o coche ao río Tambre, ao seu paso pola parroquia de Verdía, en Santiago de Compostela.

Foi un particular quen deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 14:55 horas, ao informar de que un vehículo caera ao río e de que podía haber polo menos unha persoa no seu interior.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santiago, da Policía Local e da Garda Civil, así como de Protección Civil.


Poucos minutos despois, o particular volveu contactar co 112 Galicia para comunicar que conseguiran sacar o condutor do interior do vehículo e que, aparentemente, podería estar falecido.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Finalmente, o persoal sanitario desprazado ata o lugar confirmou o falecemento do condutor, que era o único ocupante do vehículo.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page