Unha persoa foi atropelada na localidade de Arzúa
- ecosdacomarca

- hace 2 días
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
Este luns pola mañá producíronse importantes retencións de tráfico na localidade de Arzúa. O motivo é que unha persoa foi atropelada, tal e como informa o 112 Galicia.

PUBLICIDADE
O 112 Galicia foi alertado ás 11:49 horas por un particular. O suceso ocorreu na N-547 na Rúa de Lugo.
PUBLICIDADE
A persoa quedou tendida sobre o vial, pero estaba consciente. Precisou asistencia sanitaria. Ademais de persoal do centro médico da localidade, ata o punto desprazáronse Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e a Protección Civil do municipio.








Comentarios