Ecos da Comarca/O Pino
Esta mañá produciuse un accidente na localidade de O Pino, concretamente na estrada N-547, á altura do quilómetro 85, na Avenida de Santiago, tal e como informa o 112 Galicia.

O 112 foi alertado por un particular. Tratouse dunha saída de vía, no que o coche, tras bater contra un poste de teléfono, acabou envorcado, tal e como informa o 112. Inmediatamente, avisaron á Garda Civil de Tráfico e cando chegaron ao lugar, indicaron que había unha moza con varios cortes, polo que o 112 mobilizou a Urxencias Sanitarias.
Ademais, informou aos Bombeiros de Arzúa e de Santiago e tamén se avisou á empresa de suministro da liña telefónica afectada.
Comments