top of page

Unha persoa ferida tras envorcar co seu coche no municipio de Arzúa

3 jul 2022
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Arzúa

O municipio de Arzúa rexistrou este domingo unha saída de vía. O suceso ocorreu arredor das 15:30 horas na N-547 á altura da parroquia da Castañeda.

O coche afectado. CEDIDA

Tal e como informa o 112 Galicia, resultou ferida a persoa que conducía, que era a única ocupante. "Non estaba atrapada, pero precisaba asistencia médica", indica o 112.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

O 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo de Mantemento de Estradas.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page