Unha persoa ferida nunha colisión entre dous coches en Boimorto
- ecosdacomarca

- 25 oct 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Boimorto
Este sábado rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Boimorto que se saldou cunha persoa ferida. O 112 Galicia foi alertado ás 13:20 horas.

Publicidade
"Tratouse dunha colisión entre dous coches na estrada DP- 0603 á altura do quilómetro 6 en Mercurín e resultou ferida unha persoa", informa o 112 Galicia.
Publicidade
Ata o lugar desprazáronse Urxencia Sanitarias, os Bombeiros de Arzúa e Protección Civil deste municipio. Os Bombeiros foron mobilizados só para limpar a estrada, xa que a persoa ferida estaba accesible e liberada.








Comentarios