Unha persoa ferida nunha colisión entre dous coches en Boente, en Arzúa
- ecosdacomarca
- hace 8 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
Esta mañá rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Arzúa. O 112 Galicia foi alertado ás 10:10 horas.

Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha colisión entre dous turismos na N-547 á altura do punto quilométrico 55 na parroquia de Boente.
Publicidade
"Alertounos un particular e indicounos que unha das condutoras precisaba asistencia sanitaria porque se atopaba aturdida e tiña unha crise de ansiedade", informa o 112.
Publicidade
Con estes datos, mobilizou a Urxencias Sanitarias, á Policía Local de Arzúa, á Garda Civil e ao servizo de mantemento da estrada.