Unha persoa ferida nun accidente na parroquia arzuá de Viladavil
- ecosdacomarca

- hace 1 hora
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Onte, luns, rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Arzúa. O 112 Galicia foi alertado ás 19:15 horas.

Tal e como informa o 112 Galicia, tratouse dunha saída de vía dun vehículo no que viaxaban tres persoas. Ocorreu na estrada AC-234 á altura da parroquia arzuá de Viladavil.
Publicidade
O 112 Galicia indica que nun primeiro momento se avisou aos Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa porque parecía que había persoas atrapadas, pero finalmente non foi así.
Publicidade
Así que foron mobilizados Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil. Unha persoa tivo que recibir asistencia sanitaria.








Comentarios