Unha persoa ferida nun accidente en Boimorto
Ecos da Comarca/Boimorto
Esta mañá rexistrou un accidente no municipio de Boimorto que se saldou cunha persoa ferida. O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 11:40 horas.

Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha saída de vía na estrada AC-840 á altura do quilómetro 38 en San Brais, no vial que une Melide e Curtis. "Durante a chamada indicáronos que o condutor, e único ocupante, estaba xa fóra do vehículo, pero precisaba asistencia médica".
O 112 mobilizou a unha ambulancia do 061 e tamén informou aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil da localidade e ao Servizo de Mantemento da Estrada.
A vítima foi evacuada nunha ambulancia ao centro hospitalario de referencia.








Comentarios