top of page

Unha persoa ferida leve nunha saída de vía en Boimorto


Ecos da Comarca/Boimorto

Este xoves tivo lugar un accidente no concello de Boimorto que se saldou cunha persoa ferida, tal e como informa o 112 Galicia que foi alertado por un particular uns minutos despois das 11:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.

Tratouse dunha saída de vía, tal e como informa o112 Galicia, dun turismo na estrada DP-1004 á altura do punto quilométrico 10, na parroquia de Cardeiro. "Foi unha persoa particular quen chamou ao 112 para solicitar asistencia sanitaria para o condutor, que estaba desorientado, aínda que se atopaba liberado e accesible", sinala o 112.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Este deu aviso aos Servizos Sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Arzúa e a Protección Civil de Boimorto.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page