top of page

Unha persoa falecida e outra ferida tras ser atropeladas pola furgoneta do panadeiro

Ecos da Comarca/Xeral

Un atropelo deixou unha persoa falecida e outra ferida este xoves, tal e como informa o 112 Galicia. O suceso ocorreu na Cañiza. Os Bombeiros de Ponteareas liberaron ás persoas.

foto
Foto de arquivo.

Dez minutos antes das 13 horas, un particular informou de que unha furgoneta de reparto de pan acababa de atropelar a dúas persoas no Portonaval, na parroquia de Petán. Como explicaron diversos alertadores, o vehículo estaba parado e sen condutor e foise cara atrás, atrapando dúas persoas debaixo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

De inmediato, desde o 112 Galicia alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o seu helicóptero medicalizado con base en Ourense, ao GES-SPEIS de Ponteareas, aos axentes da Garda Civil e da Garda Civil de Tráfico e á Policía Local da Cañiza.


Os Bombeiros de Ponteareas encargáronse de liberar ás dúas persoas. Pola súa banda, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento dunha delas.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page