Este Concello recibe de Bico da Balouta e do Colectivo Baluarte dos Pendellos seis fotografías de Ton Van Vliet, donadas por este fotógrafo holandés
Laura Moure/Agolada
O Concello de Agolada recibe de Bico da Balouta e do Colectivo Baluarte dos Pendellos seis fotografías enmarcadas de 50x75 cm de TON VAN VLIET, donadas polo fotógrafo holandés, despois de ser protagonistas dunha exposición na Cidade da Cultura de Santiago.
TON VAN VLIET chegou a Agolada un verán do 1977 e coas súas fotos deixa constancia da vida cotián no rural, dos seus traballos, das súas festas, das súas costumes e indumentaria e incluso, do seu sentir. "Hai algunha estampa capaz de traspasar a liña e facernos partícipes do momento retratado levándonos de viaxe polo tempo", sinala o Concello.
Publicidade
Desta maneira, a administración local faise depositario das obras e adquire o compromiso de telas expostas ao público no vestíbulo do Auditorio Municipal Manuel Costa Casares e de mantelas no estado de conservación adecuado.
Publicidade
Este martes, grazas a colaboración desinteresada de Manuel Busto (Baluarte dos Pendellos), Alfonso Fernández e Manuel Ferro (Bico da Balouta) e Cruz González (concelleira de Cultura) quedaron colocadas.
Comments