top of page

Unha nova edición do Son D'Aldea celebrarase o 5 e 6 de setembro en Palas de Rei

Serán premiados María Vázquez, Xosé María Lema Suárez e o Museo do Pobo Galego


Laura Moure/Palas de Rei

Onte, xoves, tivo lugar no parladoiro da parroquia palense de Albá, a décimo cuarta edición do Son D’ Aldea que terá lugar os días 5 e 6 de setembro, por parte de integrantes da renovada Xunta directiva do Son d’aldea, representantes de asociacións implicadas e institucións públicas como o Concello de Palas de Rei. Os memrbos da directiva, xunto aos alcaldes de Palas, Pablo Taboada, e de Santiso, Manuel Adán, deron todos os detalles.

O núcleo da xornada do venres, 5 de setembro, é unha mesa de debate que xira entorno ó rural visto dende distintos puntos de vista “Por un futuro posible e desexable para o medio rural”. Logo terá lugar a presentación de tres libros: Espertina e Esperpenta de Andrea García Martínez; Arredor do Cuarto Pequeño de Xosé Manuel do Castro e O Valor da auga de protagonismo colectivo, presentado por Xosé Luis Otero Cebral, Fernando García Penas e Xosé Castro. Ás 20:30 o contacontos, Anxo Moure presenta “Unha árbore vén a vernos”, seguido dunha cea.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Na xornada do sábado, 6 de setembro, conta co roteiro teatral, “A Benvida”, unha montaxe de teatro coral e plural, centrado en 16 escenarios cunha duración entre 5 a 10 minutos cada un deles, nos que se aborda dende diferentes perpectivas o tema da benvida: no retorno de migración, a benvida a unha herencia, o nacemento dun neno/a,… un roteiro que se sitúa na Galicia rural das décadas dos 50 e 60 e que ten lugar en San Miguel de Coence.


Este día, tamén celebrarase unha Mostra de artesanía alimentar e de oficios artesáns, así como, un xantar na aldea, xogos populares e os concertos de: Davide Salvado e Fransy González e o de os Carecos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Premios

Como cada ano entregaranse tres destacados recoñecementos:

  • Premio Mácara: María Vázquez

  • Premio Careón: Xosé María Lema Suárez

  • Premio Son D'Aldea: O Museo do Pobo Galego


PROGRAMACIÓN COMPLETA:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page