Unha muller tivo que ser liberada polo bombeiros no Pino tras saírse da vía
Ecos da Comarca/O Pino
Unha muller quedou ferida en O Pino tras saírse da vía. Foi precisa a intervención dos Bombeiros para liberar á condutora, que quedou atrapada no interior do turismo.
Un particular foi quen, pasados dez minutos das oito e media da pasada tarde, contactou co 112 Galicia para informar dunha saída de vía dun turismo na N-547, punto quilométrico 79, en Cerceda, no concello do Pino. No seu relato, aseguraba que no seu interior había unha muller que precisaba asistencia sanitaria e axuda para saír.
Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arzúa e aos axentes de Tráfico.
Finalmente, tras localizar o punto exacto onde ocorreran os feitos, os Bombeiros confirmaron a liberación da condutora, que foi trasladada en ambulancia polo persoal sanitario.








Comentarios