top of page

Unha muller tivo que ser excarcerada en Frades tras colidir dous vehículos

Ecos da Comarca/Xeral

Foto de arquivo.

Unha colisión entre dous vehículos en Frades obriga a intervir aos Bombeiros de Ordes, tal e como informa o 112 Galicia. Os Bombeiros acudiron de inmediato para liberar a unha muller ferida que non podía saír do interior dun dos coches implicados. Tratouse unha colisión entre dous turismos que circulaban pola rúa do Ensino, en Gafoi, á altura do pavillón polideportivo, no concello coruñés de Frades.


Nada mais recibir o aviso dun particular, sobre as 15:30 horas, e que indicaba que había unha muller no interior dun dos vehículos que non podía saír e que necesitaba asistencia sanitaria, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Ordes. Do mesmo xeito, foron informados os axentes de Tráfico e os membros do servizo de mantemento da estrada.


Publicidade

Tras rematar a súa intervención, os Bombeiros confirmaron a excarceración da muller, que foi trasladada en ambulancia polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia. Indicaban, ademais, que a persoa do outro turismo implicado desprazábase polos seus propios medios ao centro hospitalario “La Rosaleda”, de Santiago.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page