top of page

Unha muller tivo que se excarcelada polos Bombeiros nun accidente en Trabada

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Esta mañá rexistrouse un accidente no municipio de Taboada no que unha muller quedou atrapada. Os bombeiros, tal e como informa o 112 Galicia, tiveron que cortar o teito do coche para poder sacar á vítima. A ferida presentaba varios traumatismos e deberon sacala do coche en padiola.

Só un vehículo, no que viaxaba a muller, estaba implicado neste sinistro rexistrado na LUP-6103, ao paso polo concello lugués de Trabada, na Fórnea.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

Ata alí desprazáronse os Bombeiros de Barreiros en canto o alertador comunicou que había unha persoa atrapada dentro dun coche envorcado. Ademais, os xestores do 112 Galicia, que atenderon a chamada de alerta ás nove desta mañá, pediron a colaboración dos membros do GES da Pontenova e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Tamén dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para prestar a asistencia médica necesaria, pois a muller presentaba diversos traumatismo. De feito, tivo que ser retirada do vehículo en padiola co fin de evitar os maiores danos posibles.


En canto ao proceso de excarceración, foi algo complexo, pois os bombeiros tiveron que cortar o teito do coche para poder sacar a persoa do interior.

 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page