Unha muller resultou ferida tras ser atropelada polo seu tractor
- ecosdacomarca
- hace 12 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Ocorreu nunha finca do lugar de Reguengo, en Setecoros.
No momento do accidente a implicada estaba baixada do vehículo, pero este descontrolouse e feriuna antes de acabar caendo por un terraplén.

O 112 Galicia tivo constancia do acontecido a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que comunicou a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago para o lugar pouco antes das 18:30 horas. A muller permanecía consciente, mais precisaba asistencia sanitaria urxente.
Publicidade
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse á Garda Civil, aos Bombeiros do Salnés, ao GES de Padrón e aos voluntarios de Protección Civil de Valga.
A ferida foi atendida polos servizos sanitarios, que tamén desprazaron unha ambulancia.
Comentarios