Ecos da Comarca/Melide
Unha muller resultou ferida a causa dun incendio no tellado dunha lareira en Melide, tal e como informa o 112 Galicia. Foi evacuada en ambulancia tras sufrir queimaduras nos brazos e na cara cando trataba de apagar as lapas. A rápida actuación dos bombeiros do parque provincial de Arzúa evitou que o lume provocara danos maiores.

Ás 10:45 horas, un particular explicou aos xestores do 112 Galicia que ardía a lareira da súa vivenda, situada no Formigueiro, en Grobas. Durante a chamada tamén confirmou que unha familiar sufrira queimaduras e precisaba asistencia sanitaria.
Publicidade
Cando chegaron, os bombeiros traballaron para apagar o incendio rexistrado, que controlaron rapidamente e só afectou á lareira.
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Arzúa, a Garda Civil, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Melide.
Comments