Unha muller foi localizada falecida nunha piscina en Touro
- ecosdacomarca

- 28 nov 2021
- 1 Min. de lectura
O suceso ocorreu no lugar de A Obra, na parroquia de Foxás
Ecos da Comarca/Touro
Unha muller de idade avanzada foi localizada falecida esta tarde nunha piscina no lugar de A Obra, na parroquia de Foxás, en Touro.
O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ao fío das 14:00 horas, a través dunha persoa particular que, segundo indicaba na súa comunicación, acababa de atopar o corpo sen vida dunha muller aboiando na auga dunha piscina.
De xeito inmediato, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil. Ademais, nada máis recibir a alerta, o persoal do 112 Galicia informou aos Bombeiros de Arzúa.
A pesar dos esforzos, o persoal sanitario desprazado nada puido facer por salvarlle a vida á muller.







Comentarios